Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta escritura creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritura creativa. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de mayo de 2015

Creando relatos

Estes vídeos son unha pequena mostra do traballo cooperativo que facemos cada día. 
Creamos relatos en grupo, pensamos, damos ideas, acordamos. 
Hai que falar dos personaxes, trama, final da historia e tentar de usar esas estratexias para enriquecer o conto:engadir adxectivos, frases informativas, comparacións...Beneficiámonos das ideas dos demáis e enriquecémonos coa diferencia.
Gozamos do traballo conxunto e aprendemos a expresarnos mellor.






VIDEO

VIDEO

VIDEO


VIDEO







domingo, 12 de abril de 2015

As preguntas ben escritas

Nestes días estamos traballando as preguntas nun escrito, e claro, temos que repasar os interrogativos, as maiúsculas e algunhas cosiñas máis. Estivemos a facer carteis para recordalo ben e aquí estamos traballando.
Coma sempre cando escribo na tablet non me deixa poñer tildes, e fai e moitos triquiñuelas, que lle imos facer!
A expresión escrita é moi diferente da oral. Na segunda temos a posibilidade de usar xestos, entoacións e sons diferentes coa nosa voz e así facémonos entender moi ben.
Aprendemos a facelo durante os primeiros anos da nosa vida dun xeito natural e nenas e nenos usan estes recursos ben.
Cando queremos usar a expresión escrita, a cousa cambia. Xa non é posible entoar, susurrar, berrar, usar xestos nin nada que se lle pareza, así que temos que aprender os recursos da escritura: puntuación, interrogación, exclamación, onomatopeias e outros moitos máis que hai.
Nesas estamos este trimestre, xa que, imos adicalo enteiriño á expresión escrita: relatos e contos, resúmenes, elaboración de textos informativos sinxelos. Pero dende o punto de vista da creatividade e a investigación.
Necesitamos moito traballo para este proxecto, e unha chisquiña de sorte!













Seguiremos colgando máis fotos relacionadas durante todo o trimestre

domingo, 15 de marzo de 2015

Creamos e contamos

Estamos a traballar a escritura dende moitos ámbitos distintos: resumir, inventar relatos, describir personaxes, e así moitas máis actividades relacionadas coa escritura creativa.
Aquí van algunhas fotos do traballo que se vai desenvolvendo.
Os nenos e nenas da nosa clase van lendo os seus contos para que os demáis poidamos gozar deles.
Sandra lendo o seu conto










Óscar que tamén leu


Martín

Claudia

Haberá máis fotos do resto dos alumnos e alumnas moi prontiño.