Vistas de página en total

7,729

domingo, 12 de abril de 2015

As preguntas ben escritas

Nestes días estamos traballando as preguntas nun escrito, e claro, temos que repasar os interrogativos, as maiúsculas e algunhas cosiñas máis. Estivemos a facer carteis para recordalo ben e aquí estamos traballando.
Coma sempre cando escribo na tablet non me deixa poñer tildes, e fai e moitos triquiñuelas, que lle imos facer!
A expresión escrita é moi diferente da oral. Na segunda temos a posibilidade de usar xestos, entoacións e sons diferentes coa nosa voz e así facémonos entender moi ben.
Aprendemos a facelo durante os primeiros anos da nosa vida dun xeito natural e nenas e nenos usan estes recursos ben.
Cando queremos usar a expresión escrita, a cousa cambia. Xa non é posible entoar, susurrar, berrar, usar xestos nin nada que se lle pareza, así que temos que aprender os recursos da escritura: puntuación, interrogación, exclamación, onomatopeias e outros moitos máis que hai.
Nesas estamos este trimestre, xa que, imos adicalo enteiriño á expresión escrita: relatos e contos, resúmenes, elaboración de textos informativos sinxelos. Pero dende o punto de vista da creatividade e a investigación.
Necesitamos moito traballo para este proxecto, e unha chisquiña de sorte!













Seguiremos colgando máis fotos relacionadas durante todo o trimestre

No hay comentarios:

Publicar un comentario