Esta
actividade pretendía facer reflexionar aos nosos alumnos e alumnas
sobre a importancia da auga que usamos cada día, do que botamos nos
retretes e da difilcutade que hai na recuperación da mesma.
Tivemos que repetir o experimento pois a primeira vez houbo moitos erros e pensamos que facéndoo de novo lograriamos un mellor resultado.
Resultou moi interesante.
Esperamos que vos guste.
Foi o inicio do proxecto"Auga, un recurso valioso"
Tiñamos
que reproducir un pozo negro. Para iso fomos metendodiferentes
materiais de refugallo similando o que botamos polos nosos retretes.
Logo había que limpar esa auga para poder recuperala o máis limpa
posible e na máxima cantidade.
Nas diferentes fotos imos
vendo como metemos os materiais de refugallo e logo como imos tentando
limpar e recuperar a auga usando funís, coladores, palliñas, culleres,
filtros de café e outros elementos que tiñamos para facelo.Tivemos que repetir o experimento pois a primeira vez houbo moitos erros e pensamos que facéndoo de novo lograriamos un mellor resultado.
Resultou moi interesante.
Esperamos que vos guste.
Hai que debatir para decidir sobre a mellor maneira de facelo. Desenvolvemento da iniciativa persoal. |
Todos a traballar! |
A que parece que fede e todo? |
O cociñeiro e o presidiario parecen de verdade, jeje |
Aquí atascouse o colador por mor dos restos de café |
Había que ir anotando todo o proceso, tomar datos para logo sacar conclusiósn. Traballando o método científico |
Xa sae bastante máis limpa, non si? |
Super guapos cos disfraces |
No hay comentarios:
Publicar un comentario