Vistas de página en total

domingo, 12 de abril de 2015

Traballos coas árbores do curso pasado

 Plantación dun Cercis Siliquastrum, árbore do amor.
Foi o curso pasado e está dentro dos traballos de ECO-LOCOS de creación dunha zona de árbores no noso colexio. Ten unhas flores rosa case lila forte que aproveitaremos este mes cando estudiemos as flores e a dispersión de polen.
Usamos a nosa propia terra sacada do compost feito por nós.














As preguntas ben escritas

Nestes días estamos traballando as preguntas nun escrito, e claro, temos que repasar os interrogativos, as maiúsculas e algunhas cosiñas máis. Estivemos a facer carteis para recordalo ben e aquí estamos traballando.
Coma sempre cando escribo na tablet non me deixa poñer tildes, e fai e moitos triquiñuelas, que lle imos facer!
A expresión escrita é moi diferente da oral. Na segunda temos a posibilidade de usar xestos, entoacións e sons diferentes coa nosa voz e así facémonos entender moi ben.
Aprendemos a facelo durante os primeiros anos da nosa vida dun xeito natural e nenas e nenos usan estes recursos ben.
Cando queremos usar a expresión escrita, a cousa cambia. Xa non é posible entoar, susurrar, berrar, usar xestos nin nada que se lle pareza, así que temos que aprender os recursos da escritura: puntuación, interrogación, exclamación, onomatopeias e outros moitos máis que hai.
Nesas estamos este trimestre, xa que, imos adicalo enteiriño á expresión escrita: relatos e contos, resúmenes, elaboración de textos informativos sinxelos. Pero dende o punto de vista da creatividade e a investigación.
Necesitamos moito traballo para este proxecto, e unha chisquiña de sorte!













Seguiremos colgando máis fotos relacionadas durante todo o trimestre

domingo, 15 de marzo de 2015

Planting daffodils, plantando narcisos. Clase de 5º de Primaria

Como choveu bastante este inverno, quedáronnos algúns bulbos sen plantar e aínda que algo tarde plantámolos hai uns días. Esperamos que medren contentos e nos regalen con unas fermosas flores.










Creamos e contamos

Estamos a traballar a escritura dende moitos ámbitos distintos: resumir, inventar relatos, describir personaxes, e así moitas máis actividades relacionadas coa escritura creativa.
Aquí van algunhas fotos do traballo que se vai desenvolvendo.
Os nenos e nenas da nosa clase van lendo os seus contos para que os demáis poidamos gozar deles.
Sandra lendo o seu conto










Óscar que tamén leu


Martín

Claudia

Haberá máis fotos do resto dos alumnos e alumnas moi prontiño.

División, división!

Alba e Claudia Pazo traballando xuntas.


César ordeando os manipulativos en decenas e unidades para poder repartilos.

Lara Rey e Lara Sotelino contando, repartindo e anotando.

Anxo e César dividindo con manipulativos e na libreta.

Aquí o grupo de Martín, Paula, Yeray e Cristian axudándose para facelo mellor.

Pablo, Óscar Rial e Yeray resolvendo divisións e comparando as súas respostas.