Vistas de página en total

jueves, 23 de abril de 2015

Traballando nas "estacións de traballo"

Estación da lectura.
Podemos ler sos ou en parella e logo facemos unha crítica do conto lido, autor-a, ilustrador-a, trama, personaxes e opinión persoal.



 Tamén facemos os anéis do gusano lector






domingo, 19 de abril de 2015

Life cycle of a plant

Como estamos aprendendo un pouco máis sobre o ciclo de vida dunha planta, póñovos unhas imaxes que axudan a revisar e recordar o glosario usado e a polinización a través dun insecto calquera.


domingo, 12 de abril de 2015

Traballos coas árbores do curso pasado

 Plantación dun Cercis Siliquastrum, árbore do amor.
Foi o curso pasado e está dentro dos traballos de ECO-LOCOS de creación dunha zona de árbores no noso colexio. Ten unhas flores rosa case lila forte que aproveitaremos este mes cando estudiemos as flores e a dispersión de polen.
Usamos a nosa propia terra sacada do compost feito por nós.














As preguntas ben escritas

Nestes días estamos traballando as preguntas nun escrito, e claro, temos que repasar os interrogativos, as maiúsculas e algunhas cosiñas máis. Estivemos a facer carteis para recordalo ben e aquí estamos traballando.
Coma sempre cando escribo na tablet non me deixa poñer tildes, e fai e moitos triquiñuelas, que lle imos facer!
A expresión escrita é moi diferente da oral. Na segunda temos a posibilidade de usar xestos, entoacións e sons diferentes coa nosa voz e así facémonos entender moi ben.
Aprendemos a facelo durante os primeiros anos da nosa vida dun xeito natural e nenas e nenos usan estes recursos ben.
Cando queremos usar a expresión escrita, a cousa cambia. Xa non é posible entoar, susurrar, berrar, usar xestos nin nada que se lle pareza, así que temos que aprender os recursos da escritura: puntuación, interrogación, exclamación, onomatopeias e outros moitos máis que hai.
Nesas estamos este trimestre, xa que, imos adicalo enteiriño á expresión escrita: relatos e contos, resúmenes, elaboración de textos informativos sinxelos. Pero dende o punto de vista da creatividade e a investigación.
Necesitamos moito traballo para este proxecto, e unha chisquiña de sorte!













Seguiremos colgando máis fotos relacionadas durante todo o trimestre