Vistas de página en total

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Divertido Samaín!

Aquí van unhas fotitos dos vosos fillos e fillas na semana de Samaín. Grazas pola vosa axuda coas cabazas.







domingo, 3 de noviembre de 2013

Traballando a xeometría










Primeiro saímos fóra para debuxar no chan liñas curvas e liñas poligonais  usando xices de cores.
Logo buscamos ao noso redor estas figuras xeométricas en elementos do patio.
Cada grupo tiña que explicar a figura atopada e nomeala.
Despois fomos anotando no libro as liñas que atopabamos.

Esta actividade facilita que os nenos e nenas vexan a utilidade de coñecer estas figuras xeométricas e a importancia destes coñecementos á hora de construír elementos da nosa vida, columpios, ventás, valados, escaleiras e similares.

Traballar no exterior, ten ademais, beneficios adicionais xa que tomamos o noso contorno como fonte de aprendizaxe e ao mesmo tempo gozamos do aire libre.

jueves, 10 de octubre de 2013

Pequenos animais, que interesantes!

O mércores Noelia, nai de Claudia, trouxo a nosa clase unha pequena serpe de xardín e un saltón verde precioso. Estivemos a observalos un rato e logo os liberamos para que continuaran coas súa vida. 
Foi xenial!
Aproveitamos o feito para falar sobre os animais que viven nos nosos xardíns e algunhas das súas características.
Como estamos a traballar a descrición en escritura creativa, imos usar estas fotos para describir a serpe e o saltón, deste xeito conectamos as dúas actividades.
Gracias Noelia.




domingo, 29 de septiembre de 2013

Plantando chícharos. Planting peas

De volta na escola e de volta traballando na horta.
Como está todo moi seco, plantamos uns chícharos en tarros para que non morran. Tamén poderemos comparar as plantas coas que plantemos no parterre.
Cada equipo planta o seu tarro e faille o seguimento encargándose do seu coidado.

Obxectivos principais da actividade:
  • Valorar e respectar o contorno natural cercano.
  • Coñecer as partes dunha planta e as súas funcións. 
  • Tomar decisións e chegar a acordos.  













  •         
  • ENGLISH  LEARNING


This is a hands-on-doing activity.
It is important for children to be active and engaged so that learning becomes relevant and memorable.
It is also an outdoor learning activity which values direct experience.

Outdoor Learning means active learning outdoors.

"In Outdoor Learning participants learn through what they do, through what they encounter and through what they discover. Participants learn about the outdoors, themselves and each other, while also learning outdoor skills. Active learning readily develops the learning skills of enquiry, experiment, feedback, reflection,  review and cooperative learning".

http://www.englishoutdoorcouncil.org/outdoor-learning/what-is-outdoor-learning

 In these activities we used the following English language to communicate.

At word level: soil, pots, peas, seeds, planting, water.

At sentence level: take a pot; put some small stones at the bottom; fill with soil; make holes in the soil; put the seeds in; water well.