Vistas de página en total

7,729

domingo, 3 de noviembre de 2013

Traballando a xeometría










Primeiro saímos fóra para debuxar no chan liñas curvas e liñas poligonais  usando xices de cores.
Logo buscamos ao noso redor estas figuras xeométricas en elementos do patio.
Cada grupo tiña que explicar a figura atopada e nomeala.
Despois fomos anotando no libro as liñas que atopabamos.

Esta actividade facilita que os nenos e nenas vexan a utilidade de coñecer estas figuras xeométricas e a importancia destes coñecementos á hora de construír elementos da nosa vida, columpios, ventás, valados, escaleiras e similares.

Traballar no exterior, ten ademais, beneficios adicionais xa que tomamos o noso contorno como fonte de aprendizaxe e ao mesmo tempo gozamos do aire libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario