Vistas de página en total

lunes, 16 de febrero de 2015

Back in the garden!

We are back in the garden with this group.
In years 1 and 2, this class worked a lot in the flower garden and in the vegetable plot.
Now we are back learning and enjoying planting, nurturing, observing, drawing and much more.
All very happy!



Aquí van algunhas das fotos do traballo, limpando herbas, abonando co noso propio compost, plantando novos arbustos e tamén plantando cebolas.

domingo, 8 de febrero de 2015

Nova clase no noso blog. 5º de primaria, benvidas e benvidos!

Este ano como sabedes traballo tamén na clase de 5º e xa que estamos a facer moitas cousiñas interesantes vou empezar a subir traballos e así podemos compartir experiencias e aprendemos xuntos.
TODAS E TODOS SUMAMOS!!







Que sorte poder ter ordenadores e conexión a internet!
Siglo XXI, jeje

domingo, 25 de enero de 2015

Aprendendo a dividir. Que é a división? Para que nos pode servir?

 APRENDENDO A DIVIDIR
Antes de nada dicir que a división non é unha simple operación máis ou menos complicada.
A división é a repartición de elementos de xeito igualitario. Así que, cando ensinamos a alguén a dividir temos que procurar transmitir a conexión coa vida diaria, se non facemos isto podemos ter nenas e nenos que saiban facer unha división moi complicada dun xeito mecánico peo sen ter idea de cando poder usala na vida diaria.
Estas son algunhas das actividades que facemos para conseguir xusto este obsectivo.

Empezamos tendo unha cantidade de elementos para repartir.
Os ocos dos ovos representan persoas e a partires dunha cantidade imos reparetindo os elementos entre as persoas e vemos a canto toca.
Logo o representamos na nosa libreta e temos que explicar como fixemos o reparto.
A explicación é fundamental para poder adquirir un vocabulario axeitado matemático e orden no noso pensamento.




Estas foron as nosas primeiras reparticións